Presentacion

Benvido a nosa paxina do Club Deportivo de Artes Marciais Orientais de A Coruña.

Con esta iniciativa intentamos, por un lado, promover o coñecemento do Tai-Jitsu, Taiji Quan e IAIDO dentro da nosa comunidade, como unha alternativa a outras artes máis coñecidas, alternativa que destaca por ser práctica e efectiva.

Ademáis, gracias a esta práctica os alumnos non só fan “deporte” e se divirten, ademáis xeneramos compromiso social e sentido de pertenza a unha comunidade.

Os alumnos aprenden a observar reglas de convivencia e comportamento, adquiren disciplina e bos hábitos. Trátase dunha boa forma de disciplinar as nosos alumnos e facelos máis responsables, de conseguir que adquiran autocontrol, se superen a si mesmos e se comprometan, tanto con unha meta como cos seus compañeiros. É tamén unha boa forma de previr a violencia xuvenil, xenero, etc. así como outros comportamentos autodestructivos asociados a nosa actual forma de vida.

Temos en conta, colectivos sensibles da nosa sociedade, para crear e formar xornadas GRATUÍTAS de autoprotección e aumento da autoestima. Tendo unha comunicación estreita dos devanditos colectivos.

Tamen esta dentro dos nosos obxectivos o interesarnos da cultura oriental, forma de vida e desenvolvemento intelectual. Para conseguir combater cun dos maiores perigos da nosa sociedade como é o stress.

O club deportivo dáse de alta na Xunta de Galicia – Secretaría para o Deporte o 26/01/2015 con el número de rexistro C-12180 baixo a estructura de club “sen ánimo de lucro”, dáse de alta na axencia tributaria co CIF G70441159 , tamen esta inscrita no servizo municipal de deportes no REMAC co número de inscripción 496.