Ioga

O Ioga é unha antiga disciplina orixinada na India que conecta o corpo, a respiración e a mente. Esta práctica utiliza posturas físicas, exercicios de respiración e meditación para mellorar a saúde xeral. Búscase o benestar integral, tanto físico como mental conectando o corpo, a respiración e a mente. Non consiste en imitar unha postura determinada, senón en conseguir o equilibrio e a concentración nese punto, cunha respiración adecuada.

Para practicar Ioga non se precisa ningún nivel concreto de flexibilidade ou condición física, senón que todo vaise dando de forma natural coa práctica continuada.

Que beneficios achega o Ioga? A práctica de Ioga conleva de forma natural e paulatina múltiples beneficios, entre os que están os seguintes:

Flexibilidade:
Practicar ioga de forma continua estirará os teus músculos e tendóns aos poucos e co tempo conseguirás mellorar a túa elasticidade, o que axuda a manter o corpo nas mellores condicións posibles e a evitar lesións. É probable que nun principio o corpo estea ríxido, pero coa constancia irá abríndose e conseguindo músculos máis resistentes. A medida que aumenta a flexibilidade, desaparecen moitos das dores musculares provocadas polas tensións e polas malas posturas.

Respiración:
Mediante a práctica das asanas (posturas) combinadas cunha respiración adecuada, mellórase a circulación sanguínea, o que incide positivamente no cerebro, órganos vitais e extremidades. Respirar de maneira profunda e con ritmo pausado equilibra o sistema nervioso, retarda o ritmo cardíaco e relaxa os músculos.

Postura:
Os asanas, á parte de flexibilidade, axúdannos a manter unha mellor postura e ser conscientes de tensións innecesarias que mantemos sen darnos conta. Isto axuda a ir mitigando dores provocadas por malas posturas, movementos inadecuados, etc.

Equilibrio:
Para conseguir equilibrio nas posturas, é necesario exercitar a conciencia sobre o corpo. Cando se practica ioga, é importante manter a concentración nas sensacións que produce cada postura, estando presentes en todo momento, e realizando as correccións que sexan necesarias para mellorar. A medida que se adquire experiencia, o corpo aprende como cun pequeno axuste pódese recuperar o equilibrio nunha postura.

Sistema nervioso:
O ioga estimula a relaxación, fai máis lenta a respiración e axuda a equilibrar o sistema nervioso. O ioga activa o SNP, que favorece a relaxación, reducindo o ritmo cardíaco e a presión sanguínea. Ao combinar posturas coa relaxación, resulta eficaz como ferramenta para combater a tensión.

O Ioga ademais tamén nos achega axuda a mellorar a coordinación, a concentración, a dixestión, axuda a durmir mellor, etc.