TAI JITSU (D.A. Federación Española de Karate)

O Tai-Jitsu é unha Arte Marcial que bebeu directamente das técnicas antigas, en concreto do Aikijutsu, que proviña dunha Koyu (escola antiga Xaponesa), chamada Daito Ryu. As técnicas que hoxe coñecemos foron recompiladas polo Mestre Minoru Mochizuki, que foi considerado en Xapón como un dos últimos samurai. Á súa vez aprendeu a súa técnica do Mestre Uyeshiba, chamado O Sensei (Significa o Gran Mestre), ao facerse monxe shintoísta e ver a Arte dun xeito máis espiritual. Mesmo quixo manter como o seu sucesor ao Mestre Mochizuki, pero este declinou esta opción e por iso o Mestre Mochizuki quedou coa parte estudada anteriormente e chamouno Tai-Jitsu. Isto non é máis que unha parte ou unha especialización das ensinanzas dunha Koryo, froito do modernismo, sería impensable na antigüidade que un samurai só estudara a parte sen armas dunha Koryu. O Maestro Mochizuki realiza unha viaxe a Francia en 1951 e nun curso coñece ao Mestre Jim Alcheik, este comeza a súa aprendizaxe co Mestre Mochizuki en Francia durante tres anos e logo vaise a Xapón durante outros tres anos para seguir aprendendo de primeira man co Mestre Mochizuki.

Cando volve Francia comeza a impartir clases de Tai-Jitsuencontrándose entre os seus alumnos o Mestre Roland Hernáez, mentres este realizaba o servizo Militar. Tras a morte do MestreJim Alcheik en Alxeria, o Maestro Hernáez decide xunto a outros seguir co labor de difusión do Tai-Jitsu e comeza a viaxar a Xapón para seguir coa súa aprendizaxe. O Maestro Hernáez crea unha metodoloxía de ensino máis acorde a Europa e comeza a difundir oTai-Jitsu por diferentes países do mundo incluído España. En 1977-78 introdúcese o Tai-Jitsu en España da man do propio Mestre Roland Hernáez, que vén invitado polo entón secretario da F.E.K o señor D.Carlos Vidal, que inscribe ao Tai-Jitsu como disciplina asociada da FEDERACION ESPAÑOLA DE KARATE

As técnicas son “relativamente” sinxelas, xa que se basan en principios físicos e biomecánicos básicos. Trátase, principalmente, de aprobeitar a forza que o oponente xenera e aplicala na súa contra. Desta forma, gracias á aplicación do desplazamento (tai-sabaki) poderemos xenerar a técnica, así como a velocidade e a forza precisas para a realización desta.

Por outro lado, o seu repertorio técnico é moi amplo: trabállase dende calquera dos tres tipos de distancias (corta, media e longa), tanto de pe como no chan, e utilizando, de forma encadenada, atemis, luxacións, proxeccións, inmovilizacións, estrangulacións, sutemis,…

Todas estas características e moitas outras fan do Tai-Jitsu un arte práctico, no cal non resulta preciso poseer unhas características físicas específicas ou gran forza muscular, polo que pode ser prácticado por case todo o mundo,independentemente da súa idade, sendo, obviamente, a nenez a idade adecuada para iniciarse nel.

Este arte pode ser practicado tanto por homes como por mulleres de calquer franxa de idade, xa que, ó contar con un repertorio técnico tan amplo, o traballo sempre se poderá adaptar ás características físicas destes, reservando os exércicios que esixan maior destreza e mellor técnica para idades máis avanzadas e cinturóns de maior grado.