TAIJI QUAN (Tai Chi, D.A. a Federación Española de Kingboxing)

O Tai Chi é unha arte marcial curativa de orixe antiga proveniente de China, que combina os movementos das artes marciais coas técnicas de circulación da enerxía (Qi), a respiración e o estiramento. Maniféstase na súa práctica a filosofía antiga China da teoría do Yin e Yang e dos Cinco Elementos, como base para establecer os seus principios de adestramento, que comprende a integración da mente, a enerxía e o corpo. Nun principio utilizouse a concentración na circulación do Qi para aumentar a forza interior con fins claramente marciais, pero decatáronse que os mesmos exercicios que utilizaban para aumentar a forza interior servia para prolongar a vida, curar e rexuvenecer o corpo do practicante. Destes beneficios para a saúde é de onde sae a gran popularidade que ten o Tai Chi tanto en Oriente coma en Occidente. Debido ao estilo de vida que temos hoxe en día, dedicamos pouco tempo a coidar a nosa saúde e cando nos preocupamos, é por que a enfermidade xa apareceu e non temos mais remedio que recorrer á medicina para que nos cure, no caso de que sexa posible, e en caso de curarnos a maioría das veces non facemos caso ao problema que provocou esa enfermidade. O valor do Tai Chi reside na posibilidade de fortalecer e reparar o corpo tanto no seu plano físico como enerxético, co que podemos previr e curar enfermidades. Practicando Tai Chi de forma asidua melloraremos a circulación enerxética e sanguínea, sendo un bo protector ante as enfermidades, a medicina tradicional China dá moita importancia á prevención das enfermidades, intentando corrixir un problema antes de que a enfermidade se manifeste. Se a enfermidade xa apareceu e causou dano, pode ser necesario tomar medidas drásticas para reparalo, e unha vez reparado os movementos suaves, lentos e harmoniosos do Tai Chi son excelentes para unha recuperación satisfactoria da saúde.

Mediante a práctica do Tai Chi, as series de movementos fan que todo o corpo traballe de forma física, os músculos reláxanse e a circulación sanguínea mellora. Este exercicio total do corpo non se limita aos brazos e as pernas, tamén afecta ao tórax, columna vertebral e os órganos internos, véndose afrouxado polos movementos suaves e harmónicos. Ao «dar masaxe» aos órganos internos pódese axudar a liberar a tensión que os rodea e aumentar a circulación do sangue. Os movementos lentos fan que o corpo se mova con menos tensión que cando se fan movementos rápidos e secos, que requiren dunhas contraccións musculares tamén rápidas. Os movementos lentos do Tai Chi fan que os pulmóns estean relaxados e que aumente a cantidade deosíxeno que se inspira. Coa práctica do Tai Chi poderemos liberar a tensión creada por un día difícil no traballo, axudando a eliminar a tensión mental e enerxética. A ciencia moderna demostrou que con cada tarefa utilizamos unha parte do cerebro determinada, ao longo dos nosos días de traballo, estudo, etc.. é posible que esteamos utilizando en exceso unha determinada parte do cerebro creando unha tensión nela, provocando unha falta de concentración, dores de cabeza, mal humor etc.., coa práctica continuada do Tia Chi podemos axudar a que a enerxía no noso corpo de distribúa de forma homoxénea axudando a mellorar o noso estado xeral. Practicar Tai Chi polas mañás acláranos a mente e prepara a persoa para que aborde calquera tarefa do día, de aí que os parques en China están cheos de xente que practican Tai Chi antes de ir a traballar.